lunes, 12 de junio de 2017

Role Models

Role models
(modelos a seguir, ou mais ben ideas a ter en conta)
Since I wrote this contribution for this year's issue of our school magazine just 24 hours after the brilliant and touching graduation ceremony; a generation of good students and better individuals whom I was quite lucky to teach for one, two and even three years; I want to gather here some of the outstanding persons I used all along the year, so that, apart from learning English, they would have some enriching references, both personal and intellectual, even ideological, which can help them decide which path to take, how to deal with their lives, beyond their academic and professional occupations.
Como estou elaborando esta colaboración do Departamento de Inglés xusto 24 horas despois da entrañable cerimonia de graduación, dunha xeración de vos estudantes e mellores persoas, a moitos dos cales tiven a sorte darlles clase un, dous e ata tres anos; vou recordar algunhas das persoas que utilicei durante o curso para que, aparte de aprender inglés, tivesen unhas referencias persoais, intelectuais e mesmo ideolóxicas enriquecedoras, que lles poidan axudar a decidir que camiño tomar, e como afrontar as súas vidas, mais alá do puramente académico ou profesional.


Michelle Obama



1-" Empower yourself with a good education. Then get out there and use that education to build a country worthy of your boundless promise. Lead by example with hope; never fear."

-Fortalecédevos cunha boa educación.  Logo utilizade esa educación para construír un país merecedor das vosas promesas ilimitadas.  Guiados polo exemplo da esperanza; nunca con medo.
 2-"If your family doesn't have much money, I want you to remember that in this country, plenty of folks, including me and my husband. We started out with very little. But with a lot of hard work and a good education, anything is posible”.
-Si a vosa familia non ten moitos cartos, quero que recordedes que neste país, moita xente, incluídos o meu marido mais eu empezamos con moi pouco.  Pero con moito traballo duro e unha boa educación, calquera cousa é posible.
3-"You see, our glorious diversity—our diversity of faiths, and colors and creeds―that is not a threat to who we are, it makes us who we are."
-Mirade a nosa gloriosa diversidade- a nosa diversidade de fes, cores e credos- esa non é unha ameaza para quen somos, fainos o que somos.
4- "To the young people … do not ever let anyone ever make you feel like you don't matter, or like you don't have a place in …history—because you do. And you have a right to be exactly who you are. But I also want to be very clear: this right isn't just handed to you. No, this right has to be earned every single day. You cannot take your freedoms for granted."
-Á xente moza… non deixedes que ninguén vos faga sentir que non importades, que non tedes un lugar na historia- porque o tedes.  Tedes o dereito a ser exactamente quen sodes.  Pero tamén quero deixar moi claro:  este dereito non se vos concede gratuitamente.  Este dereito ten que ser gañado cada día.  Non podedes tomar a vosa liberdade por garantida.

Emma Watson

1-"People associate feminism with hate – with man hate – and that’s really negative. I don’t think that’s what feminism is about at all - it’s really positive. I think that’s why women became reluctant to use the word."
-A xente asocia o feminismo co odio- co odio ós homes- e iso é realmente negativo.  Non creo que o feminismo consista niso en absoluto- é realmente positivo.  Penso que iso é polo que moitas mulleres son reticentes a utilizar esa palabra.
2-"I think it is right I am paid the same as my male counterparts. I think it is right that I should make decisions about my own body. I think it is right that women be involved on my behalf in the policies and decisions that will affect my life. I think it is right that socially, I am afforded the same respect as men."
-Creo que é xusto que se me pague o mesmo que ós meus colega masculinos.  Creo que e xusto que tome decisións sobre o meu corpo.  Penso que é xusto que as mulleres se involucren por min nas políticas e decisión que afectarán á miña vida. Creo que é xusto que socialmente, se me conceda o mesmo respecto que ós homes.
3-"For the record, feminism, by definition, is the belief that men and women should have equal rights and opportunities. It is the theory of the political, economic, and social equality of the sexes.'"
Quero facer constar que, por definición, feminismo é a crenza de que os homes e as mulleres deberían ter iguais dereitos e oportunidades.  É a teoría da igualdade de xénero tanto política, coma económica e social.
4-“It is time that we all see gender as a spectrum instead of two sets of opposing ideals.”
É tempo de que vexamos o xénero como variedade, en vez de coma dous grupos de conviccións opostas.
Oprah Winfrey


-Os libros foron o meu pasaporte á liberdade persoal.  Aprendín a ler ós tres anos, e pronto descubrín que había todo un mundo por conquistar, que ía máis alá da nosa granxa en Mississippi.
2. "You know you are on the road to success if you would do your job and not be paid for it."

-Ti sabes que estás no camiño do éxito cando estarías disposto a facer o teu traballo sen que che pagaran.
3. "The big secret in life is that there is no big secret. Whatever your goal, you can get there if you're willing to work."
-O gran segredo da vida é que non hai tal gran segredo.  Calquera que sexa o teu obxectivo, podes conseguilo si estás disposto a traballar.
4. "With every experience, you alone are painting your own canvas, thought by thought, choice by choice."
-Con cada experiencia, ti só estás pintando o teu propio lenzo, con cada pensamento, con cada decisión.

5. "Be thankful for what you have; you'll end up having more. If you concentrate on what you don't have, you will never, ever have enough."

-Sede agradecidos polo que tedes; acabaredes tendo máis.  Se vos concentrades no que non tedes, nunca xamais teredes suficiente.
6. …... Don't put a ceiling on yourself."
-… nunca vos poñades un teito.
7. "Doing the best at this moment puts you in the best place for the next moment."
-Dar o mellor en cada momento, colócavos na mellor situación para o próximo momento.
8. "..don’t be afraid to fail. Failure is another steppingstone to greatness."
-..non teñades medo ó fracaso.  Fracasar é outro paso cara a grandeza.
9. "Turn your wounds into wisdom."
-Transformade as vosas feridas en sabedoría.
10. "I don't think of myself as a poor deprived ghetto girl who made good. I think of myself as somebody who, from an early age, knew I was responsible for myself, and I had to make good."
- Non penso en min coma unha pobre nena dun gueto que o fixo ben.  Penso en min coma alguén que, dende unha idade temperá, sabía que era responsable de min mesma, e tiña que facelo ben.

Martin Luther King
 

 Cando miramos o home moderno, enfrontámonos ó feito de que o home moderno sufre un tipo de pobreza de espírito, que está en evidente contraste coa abundancia científica e tecnolóxica.
Aprendemos a voar no ar coma os paxaros, aprendemos a nadar no mar coma os peixes, sen embargo non aprendemos a camiñar na Terra coma irmáns e irmás.
Malala Yousafzai
 
 



-Si queremos alcanzar o noso obxectivo, entón fortalezámonos coa arma do coñecemento e protexámonos coa unidade e a solidariedade.
-Si un home pode destruír todo, por que unha rapaza non pode cambiar todo?
-Un rapaz, un bolígrafo e un libro poden cambiar o mundo.
-A xente pregúntame ¿que ten de especial a miña educación que fixo a Malala tan valente, tan atrevida, tan sincera e tan equilibrada?  Eu dígolles, non me pregunten que fixen.  Pregúntenme que non fixen.  Non lle recortei as ás, iso é todo.

Final comment:  as we can see, there is no magic recipe, no big words, no deep philosophical thoughts:  illusion, effort, enjoying good moments, believing in yourself, solidarity, equality, courage, no fear for failure, ...... and the most common idea of all: knowledge is the basic ingredient which can lead us to a world which can be described with all these words.  Utopic?  Perhaps, but if we do not try, we will never know, and the outcome of not trying does not look nice.  Furthermore, it is much more satisfying trying to change things than standing the whole mess only regretting how awful everything looks.

Comentario final:  Como podemos ver non hai receitas máxicas, nin grandes palabras, nin pensamentos filosóficos profundos e complicados: ilusión, esforzo, gozar dos bos momentos da vida, crer nun mesmo, solidariedade, igualdade, valentía, non ter medo ó fracaso, ...... e a idea máis común de todas, que o coñecemento é o ingrediente básico que nos pode levar a lograr un mundo que poida ser descrito por todas estas palabras ¿Unha utopía?  Quizás, pero se non o intentamos, nunca o saberemos, e o resultado de non intentalo non ten boa pinta.  Ademais, é moito mais satisfactorio intentar cambiar as cousas que quedarse lamentando o mal que está todo.

Arturo Neira

No hay comentarios:

Publicar un comentario